O acceso ao sitio web a www.percebedemalpica.com implica a aceptación das presentes condicións xerais de uso, sen reserva algunha, e o USUARIO comprométese a non empregar a páxina e os servizos ofrecidos na mesma para a realización de actividades contrarias á lei, e a respectar as seguintes condicións xerais.
www.percebedemalpica.com, é unha web propiedade de Confraría de Pescadores de Malpica con domicilio social en Plaza Anselmo Vilar Amigo, SN, Malpica, 15113, A Coruña e con CIF: G15031511. Ofrece a través da web localizada en www.percebedemalpica.com os servizos que na mesma se detallan e que se rexerán coas condicións do servizo contratado a cada momento. Estas condicións de carácter xeral son de aplicación única e exclusivamente no referente ao uso da web www.percebedemalpica.com por parte dos USUARIOS que accedan á mesma.
Condicións:
Primeira.-percebeiros.com foi creada para dar información e servizos relacionados coa extracción e comercialización do percebe. Tanto a profesionais, empresas e particulares que se vexan na necesidade deste tipo de información ou servizos.
Segunda.-ACCESO E USO: neste aspecto réxese estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso de www.percebedemalpica.com Quedando estritamente prohibidos tódolos actos que vulneren a legalidade vixente.
A Confraría de Pescadores de Malpica poderá interromper en calquera momento e sen previo aviso o acceso á web se o USUARIO incumprirá o indicado no parágrafo anterior.
Terceira.- Contidos: Tódolos dereitos de propiedade industrial e intelectual da sede www.percebedemalpica.com e os seus contidos( textos , imaxes, sons audio, vídeo, deseños, creatividades…), pertencen a Confraría de Pescadores de Malpica e aos respectivos/as autores.
O usuario pode visualizar tódolos elementos, imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, polo tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución, así como a súa modificación, alteración ou descompilación, sen previo permiso.
Ademais, en www.percebedemalpica.com, pódense poñer a disposición dos usuarios produtos ou servizos para a súa comercialización, sendo a Confraría de Pescadores de Malpica a responsábel dos ofrecidos directamente por esta.
Cuarta.- PROTECCIÓN DE DATOS: En relación á información de contacto facilitada polos usuarios a través da sede web, tódolos datos mantéñense na máis estrita privacidade dacordo coa lexislación vixente. A Confraría de Pescadores de Malpica cumpre esta lexislación respecto á protección de datos persoais dos seus usuarios e os mantén na máis estrita confidencialidade dacordo co disposto na Lei Orgánica 15/99 do 13 de Decembro de 1999 sobre Protección de datos de carácter persoal.
En todo caso , o USUARIO que facilite os seus datos a Confraría de Pescadores de Malpica, terá pleno dereito a acceder aos mesmos, modificalos ou solicitar que sexan eliminados dos arquivos de www.percebedemalpica.com. Ademais estes datos só estarán en poder de a Confraría de Pescadores de Malpica o tempo estritamente necesario para a xestión para o que foron recollidos, sendo cancelados no momento en que deixen de ser necesarios para dita xestión.
Para calquera tipo de notificación referente aos seus datos rexistrados por www.percebedemalpica.com, o usuario poderá dirixirse ao enderezo físico indicado ao principio destas condicións xerais, identificándose axeitadamente e indicando o tipo de operación que desexa: información sobre os datos recollidos, modificación dos mesmos, ou cancelación.
Cesión de datos.- Confraría de Pescadores de Malpica non cederá en ningún caso os datos a terceiras persoas ou empresas.
Seguridade.- Os datos cedidos a Confraría de Pescadores de Malpica polo USUARIO serán tratados con absoluta confidencialidade e privacidade, pondo para iso tódalas medidas de seguridade posíbeis segundo o desenvolvemento da técnica en cada momento. Non sendo Confraría de Pescadores de Malpica responsábel do uso neglixente que o USUARIO poida facer das súas claves de acceso ás zonas privadas da web, así como das consecuencias da cesión destas a terceiros por parte do USUARIO.
Quinta.- CLAVES DE ACCESO: O USUARIO de servizos privados de www.percebedemalpica.com, é responsábel do uso e da seguridade das súas claves de acceso á web, debendo gardalas en lugar seguro para evitar o acceso de terceiros non autorizados. Confraría de Pescadores de Malpica non é responsábel do uso neglixente das claves nin do uso que das mesmas fagan terceiros aos que o USUARIO llas cedera.
En caso de perda, roubo, esquecemento etc, O USUARIO poderá solicitar unha nova clave de acceso.
Sexta.- Confraría de Pescadores de Malpica nunca será responsábel dos posíbeis erros que poidan producirse no servidor, desconexións, e problemas similares atribuíbeis ao hospedaxe do sitio web, ou ás liñas telefónicas de transmisión de datos.
aviso legal